Ria do Burgo

A ría do Burgo: un luxo. Así titulaba Antonio Sandoval o seu artigo sobre este espazo natural, que podes ler completo aquí, e do que extraemos o texto para esta sección da web.

Porque a ría do Burgo é un lugar extraordinario, singular no ámbito galego, e destacable tamén no contexto estatal. Moitas áreas metropolitanas de países desenvolvidos contan con espazos semellantes, e vense demostrando que son necesarios para a saúde das persoas de calquera idade. O seu segredo son as aves, tanto polo seu elevado número, como pola cercanía á que se poden observar, e o confiadas que semellan, pero sen perder a súa condición de animais silvestres. E todo isto a pouca distancia de milleiros de persoas e ducias de centros escolares.

Cada inverso, a ría do Burgo acolle pilros, mazaricos, cullereiros, gabitas, garzotas, picapeixes, falcóns... nunha soa mañá tense contado máis de 60 especies diferentes, algunhas delas procedentes de lugares tan remotos como o norte de Canadá, Grenlandia ou Siberia.

Seguro que hai lugares moito máis fermosos, e con maior riqueza ornitolóxica, pero en poucos danse as condicións axeitadas para que tantas persoas poidan ver, moi preto da casa, tantas aves diferentes. E iso é o que fai desta pequena ría un luxo, e aos que podemos gozar dela, uns privilexiados.

Por iso, dende o Grupo Naturalista Hábitat estamos a traballar, xunto con outras entidades ambientais, para dar a coñecer este valioso espazo ao público xeral, aproveitar o que nos ofrece e favorecer a súa conservación.

Para coñecer a riqueza de aves que podemos observar neste espazo, visita o blog Aves de la Ría do Burgo, de Antonio Sandoval.

Recentemente, o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente someteu a consultas o documento de inicio do proxecto de dragado ambiental da Ría do Burgo (ver PDF), que conlevaría o dragado dunha zona, o recheo de parte da ría co material dragado e a ampliación do paseo martítimo. O Grupo Naturalista Hábitat presentou alegacións a este anteproxecto, baseadas nas que previamente presentara a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO). Estas dúas estidades, xunto con SEO/Birdlife e SGNH remitiron aos medios unha nota de prensa (PDF - web) para expresar a súa preocupación polo contido dese proxecto.

Estas son as novas que xerou dita nota:
  • El dragado de la ría do Burgo destruiría un valioso ecosistema (SEO/Birdlife, 28/01/2014). PDF - web
  • Dragar la ría de O Burgo es una amenaza para las aves (La Voz de Galicia, 29/01/2014). PDF
  • Ambientalistas rechazan el dragado de O Burgo, que aumentará la contaminación (El Ideal Gallego, 29/01/2014). PDF - web
  • Cinco asociaciones ecologistas rechazan el dragado total de la ría por su impacto (La Opinión de A Coruña, 29/01/2014). PDF - web
  • Ría de O Burgo: los riesgos de dragar sus lodos contaminados (Galicia Ambiental, 28/01/2014). PDF - web
  • O dragado da ría do Burgo podería aumentar os niveis de contaminación das augas (StadioSport, 29/01/2014). PDF - web
  • O dragado da ría do Burgo podería aumentar os niveis de contaminación das augas (Pladesemapesga, 29/01/2014) PDF - web
Segue lendo...