RB MCeTM

Despois de catro anos de traballo e de cooperación entre os axentes do territorio, a UNESCO, na 25ª
Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada en París o día 28 de maio de 2013, aprobou a declaración de Reserva da Biosfera para as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Está formada por 18 concellos: Abegondo, A Coruña, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, A Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.

Súmase así ás outras 5 Reservas da Biosfera que hai en Galicia: Terras do Miño; Ancares Lucenses; Río Eo, Oscos e Terras do Burón na provincia de Lugo; a Área de Allariz, e Geres-Xurés na provincia de Ourense.

As Reserva da Biosfera son declaradas pola UNESCO no marco do Programa MaB (Home e Biosfera). A comezos de maio de 2013 existían 610 Reservas da Biosfera, repartidas en 117 países. España conta 45 Reservas da Biosfera no seu territorio, sendo o segundo país, tras Estados Unidos, que conta cun maior número destes territorios recoñecidos pola UNESCO.


RESERVA BIOSFERA from AEROMEDIA on Vimeo.

Visita a web oficial da RB MCeTM

Segue lendo...

No hay comentarios: