Quen somos

O Grupo Naturalista Hábitat, entidade sen ánimo de lucro e politicamente independente, é unha das asociacións conservacionistas máis sobranceiras de Galicia.

Desde a súa fundación na Coruña en 1979 por un grupo de naturalistas entusiastas, ven realizando diversos estudos sobre o medio natural galego, xunto numerosas campañas de divulgación do noso patrimonio natural, contribuíndo a xerar en Galicia unha corrente de preocupación polo medio natural.

Dende os seus inicios, Hábitat sempre foi fiel a unha consigna básica: traballar polo estudo e a conservación dos espazos naturais e da biodiversidade de Galicia, dende un enfoque naturalista baixo criterios científicos. Froito deste traballo incesante, Hábitat ten contribuído de maneira clave na protección de numerosos espacios naturais agora xa emblemáticos, como o humidal de Baldaio e as Fragas do Eume.

Paralelamente a este traballo conservacionista, Hábitat organiza decote numerosas excursións, cursos e charlas de divulgación da natureza, dirixidos ó público en xeral, baixo a premisa de que difícilmente se pode protexer o que non se coñece.

Se desexas recibir no teu correo electrónico información das actividades que organizamos, envía unha mensaxe a gnhabitat (arroba) yahoo.es co asunto "ALTA NOVAS", e incluiremos o teu enderezo na nosa lista de difusión.

Visualiza e descarga o tríptico informativo sobre o G. N. Hábitat aquí. Ou mellor... FAITE SOCI@!

Máis información:
  • Email: gnhabitat (arroba) yahoo.es
  • Teléfono: 981135014
  • Facebook: facebook.com/G.N.Habitat
  • Local: Rúa Camariñas nº8 baixo, 15002 A Coruña. Sitúase preto do Mercado de Monte Alto e da DOMUS.
  
Ver mapa más grande

    Segue lendo...