Faite socio!

No Grupo Naturalista Hábitat, somos conscientes de que aínda queda moito traballo por facer para garantir a protección eficaz do patrimonio natural galego, e para conseguilo, é preciso xuntar tódolos apoios posibles.

Ti podes participar en actividades puntuais que sexan do teu interese, ou mesmo dun xeito máis regular, facéndote socio. Para iso, só tes que cubrir a ficha de alta (PDF) e facela chegar ao G. N. Hábitat por correo postal ou electrónico. As cotas anuais son:
Socio plenario .................................. 35 €
Socio xuvenil (14-18 anos) ............... 12 €
Socio familiar (mesmo domicilio) ..... 55 €
Socio colaborador ........................... 60 €
Socio protector ........................... >350 €

Ser socio de Hábitat ten moitas vantaxes:
  • Revista Chioglossa gratuita
  • Revista A Mobella gratuita
  • Calendario gratuito
  • Desconto do 10% na tenda naturalista Oryx
  • Desconto de 10 € nos embarques con Seabirds Galicia
  • Descontos especiais en Foto Artús
  • Material divulgativo de Hábitat e doutras asociacións (trípticos, folletos, manuais, pegatinas...)
  • Servizo de préstamo bibliotecario (no local do Grupo)
  • Servizo de préstamo de material óptico (telescopios, prismáticos, cámaras de fototrampeo...)
Visualiza e descarga o tríptico informativo sobre o G. N. Hábitat aquí.

Segue lendo...