CCI



CCI 2015

Continuando coas actividades científicas nas Bibliotecas Municipais da Coruña, e por ser 2015 o ano Internacional da Luz, temos programadas as seguintes actividades e experimentos:

A trasLUZ
Charla na que se fará unha revisión somera do que sabemos da luz dende o punto de vista físico, qué é, como se orixina, e como o fomos aprendendo sobre ela (principais descubrimentos e aplicacións en torno á óptica) así como a súa interacción cos seres vivos (fotosíntesis, visión...)

aLUZinante
Experiencias sinxelas nas que comprobar o comportamento da luz e dos nosos sentidos en diferentes circunstancias con elementos da vida diaría. Observaranse de xeito práctico principios da física relacionados coa luz: reflexión e refracción da luz en diferentes medios (aire, auga, aceite, fume), efecto Tyndall, espectro da luz (visible e non visible), descomposición e recomposición da luz blanca e ilusións ópticas.

Se queres saber máis sobre esta actividade, visita a web do CCI.

CCI 2014

Hábitat embárcase nunha nova aventura, desta volta da man de Bibliotecas da Coruña, co Clube Ciencia e Investigación (CCI).

O CCI abrangue unha morea de actividades para rapaces e rapazas entre 9 e 13 años con curiosidade científica e moitas ganas de pasalo ben. Ten as súas sedes nas Bibliotecas Municipais Infantil e Xuvenil, Forum Metropolitano e Ágora.

A derradeira actividade deste 2014 será unha xornada de anelamento científico de aves no encoro de Cecebre en Crendes (Abegondo), que xa tivo que ser posposta en varias ocasións por mor do mal tempo. Terá lugar o sábado 14 de xuño co seguinte programa:
8:30. Quedada cos asistentes na Biblioteca Forum (A Coruña) e traslado ao encoro en bus.
9:00-12:00. Anelamento científico de aves.
12:00-13:00 Observación de aves desde observatorio.
13:00. Fin da xornada.

Actividades desenvolvidas

En xaneiro foi a primeira sesión de actividades, cunha presentación de Hábitat e un primeiro achegamento ao apaixoante mundo do naturalismo, coas claves para poder gozar das nosas excursións. Quedamos moi contentos coa acollida, como podedes ver nas fotos. Aquí tedes un resumo.

O 12 de febreiro no ÁGORA, o 13 febreiro no FÓRUM e o 15 febreiro na INFANTIL, tiveron lugar as charlas correspondentes a Excursións e saídas de campo: como sacarlles o máximo partido, como comportarse no medio natural, que material levar ao campo e as claves para ter un bo caderno naturalista. Podes ver como foi a actividade aquí.

Por último, as charlas sobre pegadas, rastros e sinais de animais, tiveron lugar o 26, 27 e 29 de marzo. Nelas déronse consellos para poder averiguar que animais están presentes nunha zona en base ás súas pegadas, madrigueiras, restos orgánicos, etc. Aquí tes un resumo desta actividade.

O sábado 12 de abril, fixemos unha excursión polo entorno da Torre de Hércules, para descubrir as plantas e animais que podemos atopar no medio da cidade. Tivo bastante repercusión nos medios como podes ver:

Accede aquí á páxina web do CCI.


Segue lendo...

No hay comentarios: