Encontros naturalistas maio: proxectos de seguimento de fauna en Galicia

Nos encontros naturalistas de maio contamos con Xosé Pardavila e Martín Pérez, biólogos e membros do Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (G.E.A.S.).

Faláronnos de tres proxectos impulsados por esta asociación que están actualmente en marcha, e abertos á participación cidadá:
Rede Ibérica de Seguimento de Fauna Atropelada (RISFA)
Atlas dos Mamíferos de Galicia
Rede Galega de Seguimento Ambiental (REGAM)

Tivo lugar o venres 8 de maio ás 20 h no local do G. N. Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo - A Coruña).

Podes ver os vídeos das charlas na nosa Canle de Youtube.
Segue lendo...

Nova entrada no blog de Escola de Naturalistas



Como xa saberedes, neste ano 2015 o G.N.Hábitat está a desenvolver a III promoción de Escola de Naturalistas, na que un pequeno grupo de xente aprende a escoitar, ver e identificar os diversos elementos da biodiversidade galega, a través de diferentes xornadas teórico/prácticas.

Para este proxecto o G.N.Hábitat desenvolveu un blog propio, e que poderedes consutar nesta ligazón ou visitando: www.naturalistate.blogspot.com.es

Nos vos perdades as novas que imos publicando!
Segue lendo...

Crónica dos Roteiros pola Torre do 26 de abril

A pesares da mala predicción meteorolóxica, os roteiros naturalistas pola Torre de Hércules do 26 de abril leváronse a cabo exitosamente. Mesmo con sol!

A primeira sorpresa do día foi un macho inmaduro de picanzo cabecirrubio (Lanius senator), avistado na zona de matogueira preto da baixada ao Areal (denominado tamén praia das Lapas). Pode que sexa a primeira cita desta especie para o municipio da Coruña.

Tamén se observaron adultos, larvas e ovos de ra das veigas (Discoglossus galganoi), a única especie de anfibio que a día de hoxe pode atoparse na contorna da Torre.

Na quenda das 12 levantouse algo máis de vento, mais a choiva non deu problemas. Así, puidemos gozar coa presenza dunha choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax), que estivo a comer tranquilamente moi preto do grupo, ao igual que tres mazaricos chiadores (Numenius phaeopus). Como o sol xa quentara algo máis, atopamonos cun macho de lagarta galega (Podarcis bocagei).


Aparte destas observacións destacadas, estivemos acompañados, coma sempre, dunha incrible variedade de plantas, a maioría en flor. Tamén se avistaron chascas, pombos, pegas, corvos mariños, e unha multitude de insectos que habitan neste espazo natural a carón da cidade.

Se queres descubrir cales son, apúntate aos roteiros naturalistas pola Torre!
Segue lendo...

Hábitat en Ondas do Cárcere

Este venres 14 de abril de 20 a 21 h, Hábitat participará no programa Ondas do cárcere, en CUAC FM.

Este programa corre a cargo da plataforma Proxecto Cárcere, e pretende ser un espazo de intercomunicación onde toda a cidadanía podamos aportar ideas, experiencias e coñecimentos cara a recuperación do antigo cárcere da Torre para uso público. Segue lendo...

Hábitat en antena con Bicherías, na Radio Galega

Dende hai un tempo, Hábitat conta cun pequeno espazo radiofónico dentro do programa Bicherías, presentado por Octavio Villazala e que se emite os sábados de 13:00 a 14:00 h na Radio Galega.

Así, cada sábado, un membro de Hábitat fala sobre unha especie en concreto. Se queredes escoitar os programas en diferido, estes son os emitidos:

Data            Participante: tema         (Minuto)
01/11/2014 Santiago Vázquez: gato bravo (25.40)
08/11/2014 Damián Romay: especies invasoras (19.30)
15/11/2014 Santiago Vázquez: moucho (22.15)
22/11/2014 Ricardo Ferreiro: serpes, culebras, víboras (26.40)
29/11/2014 Santiago Vázquez: ourizo cacho (7.40)
06/12/2014 Santiago Vázquez: o carrizo (8.45)
13/12/2014 Damián Romay: marta (9.40)
20/12/2014 Santiago Vázquez: pega marza (7.10)
27/12/2014 Santiago Vázquez: corzo (26.40)
10/01/2015 Damián Romay: pita do monte (26.15)
17/01/2015 Santiago Vázquez: esquío (30.20)
24/01/2015 Damián Romay: mascato (13.30)
31/01/2015 Antón Vázquez: teixugo (33.05)
07/02/2014 Atocha Ramos: arao (17.55)
14/02/2015 Santiago Vázquez: toupa (17.20)
21/02/2015 Santiago Vázquez: cegoña (30.15)
28/02/2015 Damián Romay: toniña (27.20)
07/03/2015 Óscar Vázquez: aguia peixeira (37.10)
14/03/2015 Antón Vázquez: donicela (34.55)
21/03/2015 Antón Vázquez: raposo (22.40)
28/03/2015 Santiago Vázquez: donicela (26.10)
04/04/2015 Santiago Vázquez: toupa de auga (34.48)
11/04/2015 Santiago Vázquez: cuco (28.50)
18/04/2015 Andrés Rodríguez: lontra (19.35)
25/04/2015
Damián Romay: andoriña de cu branco (17.00)
02/05/2015
Ricardo Ferreiro: o sapo (27.10)
23/05/2015
Andrés Rodríguez: algaria (20.40)
30/05/2015
Santiago Vázquez: bufo real (09.55)
Segue lendo...

Colaboración do G.N.Hábitat nas ondas de radio filispim



No pasado mes de marzo o G.N.Hábitat colaborou no programa "Música, surf, medio ambiente" de Radio Filispim (Ferrol), no que de xeito cotiá o seu locutor reserva -para o noso goce- espazos de contido ambiental, que poden ser escoitados por todo aquel que queira sintonizar o 93.9 da FM no seu dispositivo.
Convidados por Vicente Irisarri, alma do programa, acudimos á cita para falar non só de Hábitat e das súas actividades, senón de todo un pouco, facendo especial fincapé nas aves, sempre dende a perspectiva de xente concienciada na protección do patrimonio natural galego.

Unha visita agradable que confiamos en poder repetir!

Para os que queirades escoitar o podcast do programa, deixámosvos aquí a ligazón
Segue lendo...