CoruñAves 2015 posposto por mor do mal tempo

Xa que a previsión meteorolóxica para mañá e moi mala, semellante á actual, temos decidido pospoñer o CoruñAves previsto para o sábado 31-1-2015.

Se ben algo de choiva e vento non impiden sair ao campo a gozar da natureza, con esta intensidade sí prexudicaría o desenvolvemento da actividade e o noso desfrute.

En canto teñamos a nova data, avisaremos. Segue lendo...

Ampliado o prazo de inscrición na Escola de Naturalistas ata 30-1-15

Se tes curiosidade pola natureza e ganas de aprender un pouco máis sobre ela, esta é a túa oportunidade. A Escola de Naturalistas é unha actividade realizada polo Grupo Naturalista Hábitat dende o ano 2009, única no ámbito da formación ambiental en Galicia, e resúmese en aprender a escoitar, ver e identificar os elementos que compoñen a biodiversidade galega.

A través de diversas actividades trataremos de afondar, de xeito teórico-práctico, no estudo das diferentes áreas do naturalismo (botánica, zooloxía, etc.).

Se estás interesado envía a túa solicitude ao correo electrónico “escoladenaturalistas@yahoo.es” xunto coa folla de inscrición debidamente cuberta antes do 30/01/2015. Para información máis detallada sobre esta actividade, consulta a web da Escola de Naturalistas.

Naturalístate xa!!
Segue lendo...

Roteiros naturalistas: tríptico informativo

Temos editado un tríptico informativo para publicitar a actividade de Roteiros Naturalistas. Podes velo e descargalo en PDF aquí. Segue lendo...

Aberta a inscrición para Escola de Naturalistas 2015


Se tes curiosidade pola natureza e ganas de aprender un pouco máis sobre ela, esta é a túa oportunidade. A Escola de Naturalistas é unha actividade realizada polo Grupo Naturalista Hábitat dende o ano 2009, única no ámbito da formación ambiental en Galicia, e resúmese en aprender a escoitar, ver e identificar os elementos que compoñen a biodiversidade galega. A través de diversas actividades trataremos de afondar, de xeito teórico-práctico, no estudo das diferentes áreas do naturalismo (botánica, zooloxía, etc.). 
Se estás interesado envía a túa solicitude ao correo electrónico “escoladenaturalistas@yahoo.es” xunto coa folla de inscrición debidamente cuberta antes do 25/01/2015. Para información máis detallada sobre esta actividade, consulta a web da Escola de Naturalistas.

Naturalístate xa!!
Segue lendo...