Presentación da "Especie do ano 2015 na RB_MCeTM" nos centros escolares



Nestes últimos días varios compañeiros de Hábitat, da man de técnicos da Reserva da Biosfera, vimos de presentar en diversos centros escolares a iniciativa "Especie do ano 2015 na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo", e que nesta ocasión está dirixida a procurar un mellor coñecemento da nosa Saramaganta (Chioglossa lusitanica).

Foron un total de 3 os centros que puidemos visitar: colexio A Grande Obra de Atocha (A Coruña), CPI Castro Baxoi (Miño) e o IES de Viós (Abegondo), con máis de 100 mozos participantes...unha moi boa experiencia para todos!!


2 comentarios:

MrGallaecia dijo...

Hola. y cual fue el motivo de esta presentación? Se trata de una concienciación a los jovenes. sobre esta especie?

G.N. Hábitat dijo...

Ola!
O Grupo Naturalista Hábitat, o GDR As Mariñas Betanzos e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (RB MCeTM), promoven a iniciativa Especie do Ano, que consiste en nomear cada ano unha especie presente na reserva para dala a coñecer e saber un pouco máis sobre ela.
Neste 2015 a especie elixida é a Saramaganta http://saramaganta.weebly.com, para dala a coñecer ao público xeral, poñer en valor esta xoia do Noroeste Ibérico e mellorar o seu coñecemento a través da recollida de citas.