Denuncia sobre introdución de especies alóctonas invasoras

O Grupo Naturalista Hábitat presentou o 15/06/2015 unha denuncia ambiental motivada pola introdución de especies alóctonas invasoras por parte de persoal da Xunta na área recreativa de San Xoán de Lagostelle, municipio de Guitiriz, dentro da Reserva de
Biosfera “Terras do Miño”.

O 6 de xuño, durante unha saída de campo para divulgación dos valores naturais do espazo recreativo de San Xoán de Lagostelle (Guitiriz), viron como varios individuos chegaron nun todoterreo co emblema da Xunta de Galicia e liberaban nun depósito de auga varios individuos de carpín dourado Carassius auratus, unha especie de peixe de orixe asiática de marcado carácter invasor e grave ameaza para as poboacións de fauna acuática.

Os participantes na actividade, entre os que se atopaban biólogos do Departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía da Universidade da Coruña, advertíronlles da condición de especie invasora dos carpíns, e os denunciados non só non depuxeron a súa actitude, senón que respostaron de maneira airada ás indicacións feitas.

Dita denuncia, que podes consultar nesta ligazón, foi remitida a:
Servicio de Protección da Natureza (SEPRONA), Comandancia da Guardia Civil de Lugo.
Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Distrito forestal-X. Terra Chá, Consellería do Medio Rural e do Mar.
Concellería de Medio Ambiente, Concello de Guitiriz.
Reserva Da Biosfera Terras do Miño, Deputación Provincial de Lugo.
Servicio De Montes, Consellería Do Medio Rural E Do Mar

1 comentario:

unkalkera de tantos dijo...

Son Rafa,alegrome de que fora feita a denuncia,agora so queda esperar a ver se hai lagun tip de contestacion,mantedeme informado por favor e moitas gracias por este detalles,que ogalla non caian en balde,apertas.