Colaboración do G.N.Hábitat nas ondas de radio filispim



No pasado mes de marzo o G.N.Hábitat colaborou no programa "Música, surf, medio ambiente" de Radio Filispim (Ferrol), no que de xeito cotiá o seu locutor reserva -para o noso goce- espazos de contido ambiental, que poden ser escoitados por todo aquel que queira sintonizar o 93.9 da FM no seu dispositivo.
Convidados por Vicente Irisarri, alma do programa, acudimos á cita para falar non só de Hábitat e das súas actividades, senón de todo un pouco, facendo especial fincapé nas aves, sempre dende a perspectiva de xente concienciada na protección do patrimonio natural galego.

Unha visita agradable que confiamos en poder repetir!

Para os que queirades escoitar o podcast do programa, deixámosvos aquí a ligazón

No hay comentarios: