Custodia de praias cos alumnos do CPI Castro Baxoi (Miño)

O vindeiro xoves 26 de marzo terá lugar a primeira das tres actividades cos alumnos da ESO do CPI Castro Baxoi de Miño, no marco do proxecto Custodia de Praias.

Esta actividade, patrocinada polo Concello de Miño e organizada por Hábitat, consistirá en coñecer un pouco mellor os paxaros que habitan a praia de Miño e o esteiro. No futuro levarán a cabo a retirada de especies invasoras da praia.

No hay comentarios: