II Certame de Debuxo da Natureza

Tras o éxito do pasado ano, o Grupo Naturalista Hábitat, da man novamente da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa), comprácese en organizar o II CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA "Vida silvestre do encoro de Cecebre", co obxectivo de seleccionar aquelas ilustracións que pasarán a formar parte do Calendario 2015 da nosa entidade.
A participación nesta nova convocatoria é aberta e de balde. De entre todos os debuxos achegados, o xurado escollerá aquelas 24 ilustracións máis destacables, as cales ademais de pasar a formar parte do vindeiro calendario gozarán dunha serie de premios por parte dos organizadores e promotores.

Como principal novidade, nesta ocasión haberá dúas categorías diferentes: menores de 14 anos e de 14 anos en diante. Deste xeito confiamos en que a participación sexa moi numerosa, independentemente da idade ou aptitudes para o debuxo.

O prazo de peche de inscricións e entrega das obras remata o vindeiro 7 de novembro de 2014. 

Descarga aquí as bases da convocatoria, a ficha de inscrición e o cartaz.
Modificacións - O cartaz foi modificado o 10-10-2014 por un erro nunha das datas reflectidas. - As bases foron modificadas o 17-10-2014 solucionando un erro no nome científico do visón americano.

No hay comentarios: