O dragado da ría do Burgo podería aumentar os niveis de contaminación das augas

  • É un dos riscos sinalados polas organizacións científicas e conservacionistas nas suxerencias (non existe en galego, é suxestión, aínda que sona raro) presentadas ao proxecto.
  • Ademais, poderían verse afectados o marisqueo e a población poboación de aves da zona, que son un foco de atracción turística.
  • O MAGRAMA presentou un proxecto de rexeneración da ría sen as suficientes garantías

Ante a proposta de rexeneración da ría do Burgo elaborada polo Centro de Estudios y Experimentación de Obras Públicas (CEDEX), que a finais do ano pasado fixo público o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente,

Sociedade Galega de Ornitoloxía, Grupo Naturalista Hábitat, Sociedade Galega de Historia Natural, Rabo do Galo e Sociedad Española de Ornitología SEO/Birdlife, queren realizar as seguintes consideracións:

1. A ría do Burgo, malia as fortes alteracións sufridas por diferentes factores ao longo das últimas décadas, acada na actualidade importancia a nivel rexional polas súas poboacións de aves. Así, este espazo alberga unha media de 3.150 aves acuáticas durante o período invernal, sendo fogar nun momento ou outro do ciclo anual de 45 especies diferentes de aves acuáticas, ás que se suman outras 29 especies menos comúns. Ademais, a ría do Burgo xunto coa ría de A Coruña conforman o quinto lugar de importancia para as aves do norte de España.

2. Todo plan de recuperación ambiental da ría do Burgo debe ter en conta tanto os seus valores produtivos (marisqueo) como os naturais (avifauna, en particular) e os sociais e pedagóxicos: a ría é un espazo único en Galicia para a observación de fauna salvaxe, cun enorme potencial educativo aínda por explotar. Eses tres tipos de valores son absolutamente compatibles. É mais: enriquécense un aos outros sempre que converxen nun mesmo lugar. Isto é o que desexamos para esta ría.

3. Investigadores da Universidade da Coruña e outros organismos expresaron publicamente a súa preocupación e desacordo respecto a que o dragado da ría sexa a mellor solución para a recuperación ambiental do estuario, chegando a definir esta opción como “abrir a caixa de Pandora”. É por tanto fundamental consultar o maior número posible de opinións científico-técnicas respecto da pertinencia desta actuación, a fin de asegurar a súa oportunidade ou explorar outras alternativas.

4. Neste senso, consideramos necesaria unha avaliación moi detallada do risco de resuspensión dos elementos contaminantes contidos nos lodos, e a súa incorporación á cadea trófica mediante fenómenos de bioacumulación, o que podería provocar un nivel de contaminación superior ao que se pretende corrixir.

5. A ampliación dos paseos marítimos non pode constituír un argumento á hora de tomar unha decisión respecto do denominado “dragado ambiental” da ría do Burgo, pois desvirtúan o carácter inicialmente ambiental das actuacións tinguíndoas dun cariz meramente urbanizador. Os valores ambientais, sociais e pedagóxicos da ría están moi por riba deste tipo de argumentos.

6. O indicado no punto anterior pode aplicarse ao aumento do nivel de inundación da ría, consecuencia do recheo previsto e que o Documento denomina “unha mellora estética”, nun xuízo de valor subxectivo que ignora a importancia transcendental da dinámica de inundación do ciclo das mareas, que converte ás rías en espazos ricos en biodiversidade, bancos marisqueiros incluídos.

Por todo o indicado, as entidades asinantes rexeitan a alternativa consistente no dragado total e recheo dunha parte do estuario (fundamentalmente na desembocadura do río Trabe), e solicitan que se valoren outras alternativas con menor impacto sobre o espazo.

ENTIDADES ASINANTES:


Para saber máis sobre a ría do Burgo, visita esta sección da web.

No hay comentarios: