EN 22/9 - limpeza da praia da Alameda (Miño)


Neste mes de setembro participaremos na actividade de voluntariado organizada pola Fundación Fragas do Mandeo dentro do programa da II Semana de Custodia do Territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Consistirá en limpar de lixo e sobre todo de herba da pampa (Cortaderia selloana) a praia da Alameda, en Ponte do Porco (Miño).

Podedes atopar máis información sobre a actividade e ficha de inscrición en www.fragasdomandeo.org  (prazas limitadas). Reseva de prazas no 981 669 541 ou enviando un correo info@marinasbetanzos.org.
Segue lendo...

Mesa informativa do G.N.Hábitat_Festas do barrio Atochas-Monte Alto

Estimados socios e compañeiros do G.N.Hábitat.

Con motivo das festas do barrio de Atochas-Monte Alto os días 13 e 14 de setembro de 2013, e tras o convite da asociación de veciños para participar na feira de entidades sociais que se celebrará nestas datas, o Grupo Naturalista Hábitat instalará unha mesa informativa o sábado día 14 en horario aproximado de 16 a 19 horas (variable en función da afluencia de xente), no que o persoal presente informará aos interesados que se acheguen sobre os obxectivos, actividades e publicacións da nosa asociación.

O espazo habilitado para a devandita feira será o patio da escola CEIP Curros Enríquez, situado no Campo de Marte (Parque de Marte 1, 15002. A Coruña), na confluencia entre as rúas da Torre e Avenida de Hércules (barrio de Monte Alto).

Así que xa sabedes, aproveitade para facernos UNHA VISITA!

Saúdos

Segue lendo...