Encontros Naturalistas 27 xullo: libeliñas na Terra Chá




A actividades de Encontros Naturalistas prevista para este mes de xullo corresponderase cun novo Training Day, organizado polo G.N.Hábitat e as asociacións Drosera, Numenius, Saramaganta e a AGCT. Nesta ocasión estará dedicado ás libeliñas presentes na Terra Chá, e a xornada será impartida por Anxos Romero Barreiro e Martiño Cabana otero (AGCT/UdC).

A actividade dará comezo ás 11h. na Casa das Ínsuas (Rábade. Lugo), e farase unha visita a diversas zonas da Terra Chá con grande interese odonatolóxico (río Miño, lagoa do Rei, areeira de Riocaldo, etc), prolongándose a xornada ata as 18h.

Coma sempre, os Training Days son gratuítos, pero non se cubre ningún gasto. Nesta ocasión será obrigatorio solicitar reserva de prazas, xa que haberá prazas limitadas. Para anotarvos deberedes enviar un correo co voso nome e un teléfono móbil (necesario por seguridade e para quedar no punto de encontro) a custodiadoterritorio@gmail.com.

Os desprazamentos levaranse a cabo en vehículos propios. Como a orixe de cada persoa é dun lugar diferente de Galicia é imposible o aluguer dun autobús. Indicade o lugar de orixe se dispoñedes de vehículo propio e se este ten prazas libres para agrupar ós participantes no menor número posible de coches. Recordade que debemos minimizar o gasto de combustibles fósiles e a emisión de CO2 á atmosfera.

Para a comida recomendamos levar bocata ou similar para non gastar moito tempo. Non pararemos en ningún lugar para facer compra polo que a comida debe traerse de casa. Non vos esquezades da bebida e vir preparados para o sol.

Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto cun dos monitores, que levará o control dos asistentes:

Martiño Cabana Otero

630-948293

mcohyla@yahoo.es
Segue lendo...

Hábitat completa a venda do libro Mariposas por la Vida

O Grupo Naturalita Hábitat, grazas á colaboración dos seus socios e simpatizantes, xestionou a venda dos 18 exemplares do libro "Mariposas por la vida. Guía visual de las mariposas ibéricas diurnas" que tiña asignados.

Esta obra, ademáis dun sentido homenaxe á vida, pretende ser unha guía visual das mariposas ibéricas diurnas, onde se mesturan dun xeito excepcional espectaculares imaxes e valiosa información ecolóxica sobre as diversas especies.

Os cartos derivados das vendas, 360 € en total, van destinados á Fundación Miquel Valls, para apoiar a sua loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).

Grazas a todos pola vosa colaboración!

Segue lendo...

Resultados_Training Day de bolboretas no Courel



O pasado día 22 de xuño puxemos en marcha a actividade de Encontros Naturalistas do mes, e que tivo como protagonistas ás bolboretas presentes no contorno do Courel. Grazas ao bo tempo e coa axuda inestimable dos expertos, puidemos identificar un total de 48 especies!. Fermosa xornada para os amantes da fotografía e da natureza.

Aquí vos deixamos o listado das diferentes especies atopadas: Iphiclides podalirius, Zerynthia rumina, Aporia crataegui, Pieris brassicae, Pieris rapae, Pieris napi, Pontia daplidice, Euchloe simplonia, Anthocharis cardamines, Anthocharis euphenoides, Colias croceus, Colias alfacariensis, Gonepteryx rhamni, Leptidea sinapis, Laeosopis roboris, Lycaena phlaeas, Lampides boeticus, Cupido minimus, Aricia eumedon, Polyommatus dorylas, Polyommatus bellargus, Polyommatus icarus, Hamearis lucina, Nymphalis polychloros, Aglais urticae, Vanessa atalanta, Vanessa cardui, Argynnis pandora, Argynnis aglaja, Issoria lathonia, Boloria selene, Melitaea cinxia, Melitaea phoebe, Melitaea athalia, Melitaea deione, Melitaea parthenoides, Euphydryas aurinia, Erebia triarius, Maniola jurtina, Coenonympha pamphilus, Pararge aegeria, Lasiommata megera, Pyrgus malvoides, Pyrgus onopordi, Spialia sertorius, Carcharodus alceae, Ochlodes sylvanus.

Moitas grazas aos asistentes.
Segue lendo...