Mariposas por la vida


Estimados compañeiros.

Lembrámosvos que no local do GN Habitat aínda temos dispoñibles varios exemplares do libro "Mariposas por la vida. Guía visual de las mariposas ibéricas diurnas", que poden ser mercados ao prezo de 20€.

Compre destacar que os cartos derivados da venda irán destiñados á Fundación Miquel Valls, para apoiar a sua loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).


O libro, ademáis dun sentido homenaxe á vida, pretende ser unha guía visual das mariposas ibéricas diurnas, onde se mesturan dun xeito excepcional espectaculares imaxes e valiosa información ecolóxica sobre as diversas especies.

Para conseguir o voso exemplar chamade ao 981 135 014 ou enviade un email ao correo da asociación: gnhabitat@yahoo.es

Animádevos a mercalo!



Segue lendo...

Asambleas Ordinaria e Extraordinaria do GN Hábitat


Estimados compañeiros.

A Xunta Directiva do GN Hábitat, dende os seus diferentes canles de comunicación, fai un chamamento a todos os seus socios co motivo da celebración o día 5 de abril (venres) das vindeiras Asambleas Ordinaria e Extraordinaria do Grupo Naturalista Hábitat, que terán lugar no local da asociación (rúa Camariñas 8, baixo. 15002 -A Coruña-) no mesmo día en diferentes quendas.



Todos aqueles socios interesados que desexen os arquivos correspondentes ás convocatorias de ditas Asambleas e os resumes das realizadas o pasado ano, e que non lles chegasen xa á súa dirección de correo electrónico persoal, poden enviar un email solicitándoas ao correo da asociación , ou chamando ao 981 135 014.

Agardamos a vosa presenza.

Saúdos,
A Xunta Directiva do GN Hábitat.


Segue lendo...

Encontros Naturalistas 14 marzo: teledetección aplicada a estudos ambientais


Nos Encontros Naturalistas de marzo contaremos cun interesante relatorio a cargo de Noela Sánchez, doutora en Ciencias pola Universidade da Coruña, licenciada en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo, experta en SIG e especialista en sistemas hidroacústicos.

Noela falaranos da aplicación das técnicas de teledetección en diferentes estudos costeiros.

A charla terá lugar no local do Grupo Naturalista Hábitat, Rúa Camariñas, 8-baixo (xunto á praza de Monte Alto) na Coruña, o xoves 14 de marzo ás 20:30 h.

Para facilitar a organización, pregamos confirmedes a vosa asistencia no e-mail do grupo (gnhabitat@yahoo.es) co asunto "ASISTENCIA".
Segue lendo...

Acordo de colaboración GN Hábitat-Emalcsa

Estimados compañeiros.

Dende o GN Hábitat comprácenos informarvos do acordo de colaboración que esta asociación ven de acadar recentemente con Emalcsa -empresa municipal de augas de A Coruña-, e que vencellará a ambas as dúas entidades respecto do Encoro de Cecebre.

A consecución do acordo xurde do interese conxunto que o GN Hábitat e Emalcsa teñen sobre este espazo natural protexido. Así, e de xeito periódico, Hábitat irá introducindo novas nas redes sociais de Emalcsa, co gallo de axudar ao público en xeral a coñecer, saber desfrutar e poñer en valor este entorno de tan grande interese biolóxica.

Deste xeito, convidámosvos a introduciros nas redes sociais de Emalcsa, nas que poderedes estar ao tanto de estas e moitas outras cuestións que incumben ao encoro:
Twitter Emalcsa

Saúdos.

A Xunta Directiva do GN Hábitat.


Segue lendo...