Mesa informativa do G.N.Hábitat_Festas do barrio Atochas-Monte Alto

Estimados socios e compañeiros do G.N.Hábitat.

Con motivo das festas do barrio de Atochas-Monte Alto os días 13 e 14 de setembro de 2013, e tras o convite da asociación de veciños para participar na feira de entidades sociais que se celebrará nestas datas, o Grupo Naturalista Hábitat instalará unha mesa informativa o sábado día 14 en horario aproximado de 16 a 19 horas (variable en función da afluencia de xente), no que o persoal presente informará aos interesados que se acheguen sobre os obxectivos, actividades e publicacións da nosa asociación.

O espazo habilitado para a devandita feira será o patio da escola CEIP Curros Enríquez, situado no Campo de Marte (Parque de Marte 1, 15002. A Coruña), na confluencia entre as rúas da Torre e Avenida de Hércules (barrio de Monte Alto).

Así que xa sabedes, aproveitade para facernos UNHA VISITA!

Saúdos

No hay comentarios: