Asambleas ordinaria e extraordinaria do G.N.Hábitat_Setembro 2013

Dende a Xunta Directiva do G.N.Hábitat comunícase a todos os socios que o vindeiro venres 13 de Setembro de 2013 levaranse a cabo novamente as asambleas ordinaria e extraordinaria da asociación, a partir das 20 h. no noso local situado na Rúa Camariñas 8 -baixo-, 15002 (A Coruña).


A carta coa convocatoria destas asambleas, xunto cos resumos das realizadas o pasado ano, faranse chegar por correo ordinario aos enderezos dos respectivos socios. Así todo, calquera destes que o desexe poderá solicitar que lle sexan remitidos vía email os arquivos correspondentes, para o cal soamente deberá comunicalo enviando un correo a: gnhabitat@yahoo.es

Sen máis, agardamos contar coa vosa presenza. Máis información no 981 135 014.

Atentamente,
A Xunta Directiva do G.N.Hábitat.

No hay comentarios: