Encontros Naturalistas 27 xullo: libeliñas na Terra Chá




A actividades de Encontros Naturalistas prevista para este mes de xullo corresponderase cun novo Training Day, organizado polo G.N.Hábitat e as asociacións Drosera, Numenius, Saramaganta e a AGCT. Nesta ocasión estará dedicado ás libeliñas presentes na Terra Chá, e a xornada será impartida por Anxos Romero Barreiro e Martiño Cabana otero (AGCT/UdC).

A actividade dará comezo ás 11h. na Casa das Ínsuas (Rábade. Lugo), e farase unha visita a diversas zonas da Terra Chá con grande interese odonatolóxico (río Miño, lagoa do Rei, areeira de Riocaldo, etc), prolongándose a xornada ata as 18h.

Coma sempre, os Training Days son gratuítos, pero non se cubre ningún gasto. Nesta ocasión será obrigatorio solicitar reserva de prazas, xa que haberá prazas limitadas. Para anotarvos deberedes enviar un correo co voso nome e un teléfono móbil (necesario por seguridade e para quedar no punto de encontro) a custodiadoterritorio@gmail.com.

Os desprazamentos levaranse a cabo en vehículos propios. Como a orixe de cada persoa é dun lugar diferente de Galicia é imposible o aluguer dun autobús. Indicade o lugar de orixe se dispoñedes de vehículo propio e se este ten prazas libres para agrupar ós participantes no menor número posible de coches. Recordade que debemos minimizar o gasto de combustibles fósiles e a emisión de CO2 á atmosfera.

Para a comida recomendamos levar bocata ou similar para non gastar moito tempo. Non pararemos en ningún lugar para facer compra polo que a comida debe traerse de casa. Non vos esquezades da bebida e vir preparados para o sol.

Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto cun dos monitores, que levará o control dos asistentes:

Martiño Cabana Otero

630-948293

mcohyla@yahoo.es

No hay comentarios: