Limpeza da praia da Alameda. Domingo 9 de xuño do 2013

En resposta á organización da "II limpeza simultánea de praias en Galicia (2013)" da man de ADEGA, fixada para a vindeira fin de semana co motivo da celebración o sábado día 8 de xuño do día mundial dos océanos. O G.N. Hábitat súmase á iniciativa e convoca a todos os interesados, simpatizantes e socios, a participar na limpeza da praia da Alameda.



Durante a xornada farase unha limpeza do lixo presente no areal, prestando especial atención aos plásticos, e aproveitaremos para ver e analizar a flora e fauna que nos acompaña neste contorno, e que xa nos ten agasallado con fermosas panorámicas de especies tan emblemáticas como a Aguia pescadora.

A praia atópase na desembocadura do río Lambre na ría de Betanzos, na localidade de A Ponte do Porco (Concello de Miño). O punto e hora de encontro será ás 10:30 no areal da mesma praia, e a xornada estenderase ata as 13 horas. Aconséllase a todos os participantes vir preparados con roupa cómoda (tamén algo impermeable para a posible chuvia), luvas, auga e algo de comida.

A xornada é de balde e aberta ao público en xeral. De tódolos xeitos, o G.N. Hábitat agradece a confirmación dos asistentes mediante un mail a gnhabitat@yahoo.es, co asunto "Asistencia" e o nome e apelidos dos asistentes no corpo do mail, ou chamando ao 981 135 014.

Animádevos a participar!

1 comentario:

JuanJo Blanco Ramos dijo...

Esta moi ben a iniciativa, pero chegades tarde, a AAVV rio lambre de ponte do porco, en colaboracion ca surfrider fundation, dentro da iniciativa rises above plastics, fixemos unha limpeza da mesma fai un mes escasamente.
A segunda o ano pasado fixemos outra, tamen fixemos e sacamos en ambalas ocasions mais de 5 toneladas de plasticos.
Se queredes a beira de de paderne e a que menos tocamos asi que ali ainda queda lixo e o mellor das ultimas mareas se poida traer algo, pero en xeral esta limpo. De todalas maneiras gracias por acordarvos da nosa praia ( que tamen e vosa).
Sobre a fauna local o que máis abunda este ano son anades reais, que criaron moito. E se vos fijades entre a area de seguro veredes algunha nebria das prais.
Sobre a Aguia pescadora, eun nunca a vin sobre o rio lambre, vina no rio de o lado o Mandeo.
Pero seguro veredes martiños pescadores, garza real, garceta e moitos outros.
O dito disfrutade e grazas!