Training Day Hérpetos do Grove e Save the Frogs Day

O vindeiro sábado 27 de Abril as asociacións Saramaganta, Drosera, Numenius, AGCT e o G. N. Hábitat, organizamos unha xornada de campo na península de O Grove para a observación de anfibios e Réptiles, retomando así un ano máis o chamados Training Days. Do mesmo xeito, e con motivo da celebración do 5º Save the Frogs, faremos coincidir esta xornada para reinvindicar a conservación e estudo dos anfibios de Galicia.

A actividade comezará ás 11:00 no aparcamento (antigo aeródromo) da Lanzada, e visitaranse diferentes zonas da península do Grove.

Os Training Days son gratuítos pero non se cubre ningún gasto. É obrigatorio solicitar reserva de prazas debido a que hai prazas limitadas. Enviade un correo co voso nome e un teléfono móbil (necesario por seguridade e para quedar no punto de encontro).

Os desprazamentos levaranse a cabo en vehículos propios. Como a orixe de cada persoa é dun lugar diferente de Galicia é imposible o aluguer dun autobús. Deberedes indicar o lugar de orixe, se dispoñedes de vehículo propio e se este ten prazas libres para agrupar ós participantes no menor número posible de coches. Recordade que debemos minimizar o gasto de combustibles fósiles e a emisión de CO2 á atmosfera.

Para a comida recomendamos levar bocata ou similar para non gastar moito tempo. Non se pararé en ningún lugar para facer compra, polo que a comida debe traerse de casa. Non vos esquezades da bebida nin de roupa de abrigo.

Para calquera dúbida, contactade con:

Martiño Cabana Otero
630-948293
mcohyla@yahoo.es



No hay comentarios: