Encontros Naturalistas Abril 2013



Nos Encontros Naturalistas de Abril contaremos nesta ocasión cun relatorio a cargo de Cosme Damián Romay Cousido. Biólogo pola USC, obtivo o seu Diploma de Estudos Avanzados en Bioloxía Animal na UDC. Actualmente traballa nunha consultoría ambiental e, entre outras actuacións, é creador da plataforma Seabirds Galicia e co-encargado do blog e da xestión das súas reservas. Ademais de ser membro da Xunta Directiva do GN Hábitat, Damián é un recoñecido especialista no eido da ornitoloxía, e conta no seu haber con publicacións sobre diversos grupos faunísticos, entre eles aves, mamíferos e libélulas.

A charla terá lugar no local do Grupo Naturalista Hábitat, Rúa Camariñas, 8-baixo (xunto á praza de Monte Alto) A Coruña, o vindeiro xoves 25 de abril ás 20:30 h, e levará como título "Cantos paxariños crían nos edificios da Coruña? Bases metodolóxicas do primeiro censo de pardal, rabirrubio, estorniño negro, cirrios e andoriñas do municipio da Coruña".

Dado que o aforo é limitado, pregamos confirmedes a vosa asistencia cun día mínimo de antelación no e-mail do grupo (gnhabitat@yahoo.es) co asunto "ASISTENCIA".

No hay comentarios: