A Mobella nº 19 (2012) en PDF

Xa está dispoñible na sección "A Mobella" desta páxina web o número 19 do boletín anual editado por Hábitat.

A portada vai dedicada ao Caracol de Quimper Elona quimperiana, gasterópodo que habita en bosques caducifolios maduros da Bretaña francesa e do cordal cantábrico, e que pola súa distribución limitada está catalogado como "En Perigo de Extinción" en Galicia polo Decreto 88/2007 (Catálogo galego de especies ameazadas).

É característica a súa cuncha castaña con pintas escuras, fina, traslúcida, e aplanada por ambas caras. Nos adultos a abertura da cuncha (peristome) está bordeada cun marcado beizo.

No hay comentarios: