Mariposas por la vida: 12 xaneiro en Vigo


Presentación do libro "Mariposas por la Vida", unha guía visual das mariposas ibéricas diurnas co que se recadan cartos para a Fundación Miquel Valls, que axuda a enfemos de Esclerosis lateral amiotrófica (ELA).

Terá lugar no auditorio da Obra Social Novacaixagalicia (rúa Policarpo Sanz 26, Vigo) o sábado 12 de xaneiro co seguinte programa:

16:00 h. Presentación do libro por parte de Juan Ramón Córdoba León e José Manuel Sesma con explicacións sobre este e sobre a fundación Miquel Valls.

17:00 h. Taller de fotografía de bolboretas guiado por Juan Ramón Córdoba León, fotógrafo de recoñecido prestixio.

18:00 h. Charla e exposición dun tema específico relacionado coas bolboretas diúrnas, guiado por Rafael Estévez Rodríguez, fotógrafo vigués e experto na materia.

19:00h. "A fotografía, a nova entomoloxía" por José Manuel Sesma, presidente de Fotografía e Biodiversidade

20:00 h. Coloquio-taller de identificación das bolboretas diúrnas. Actividade interactiva aberta á participación de todos os asistentes. Participasen Juan Ramón Córdoba, José Manuel Sesma, Luis Canencia, Rafael Estévez e Jose Álvarez Gándara.
Segue lendo...

Conferencia SGHN 27/12/12: Eurynebria complanata


O relator desta conferencia será Pablo Carballo, biólogo, profesor, naturalista, e socio do G.N. Hábitat. Leva algo máis de tres anos adicados de cheo ao estudo da ecoloxía desta singular especie na Costa da Morte (A Coruña). Terá lugar o xoves 27 de decembro ás 20:00 horas no Salón de Actos do Museo de Historia Natural (Casa do Coronel, s/n. Praza de Canido, Ferrol, A Coruña)

Ademais haberá unha saída, posiblemente a realizar o venres 28 de decembro coa intención de poder observar esta especie no seu propio hábitat.

A Eurynebria complanata é un insecto depredador que cada vez está máis ameazado -e menos estudado- debido ao deterioro do seu hábitat específico do que, cada vez máis, tende a desaparecer (praias, na zona de transición entre a duna embrionaria e a liña de preamar).
Segue lendo...

Charla 26 decembro: quen extinguiu a balea vasca?

Trala charla, gozaremos duns pinchos de Nadal para despedir o ano cos socios de Hábitat!

Nos Encontros Naturalistas de decembro contaremos de novo cun interesante relatorio do Dr. Carlos Nores, Profesor da Universidade de Oviedo, Subdirector da fundación Oso Pardo e do INDUROT (Instituto de Recursos Naturales y Ordenación del Territorio) e especialista na bioloxía, distribución e conservación de mamíferos.

A charla terá lugar no local do Grupo Naturalista Hábitat, Rúa Camariñas, 8-baixo (xunto á praza de Monte Alto) A Coruña, o mércores 26 de decembro ás 20:30 h, e leva como título "Quen extinguiu a balea vasca?".

Dado que o aforo é limitado, pregamos confirmedes a vosa asistencia cun día de antelación no e-mail do grupo (gnhabitat@yahoo.es) co asunto "ASISTENCIA".

Graciñas!.
Segue lendo...

12 decembro: III Feira da Sustentabilidade

O mércores 12 de decembro Hábitat participará na III Feira da Sustentabilidade da universidade da Coruña.

Terá lugar na Facultade de económicas (Campus de Elviña) de 11:00 a 19:00 h.

O obxectivo é achegar á universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable e comercio local, así como dar a coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.

Programa da Feira: 11.00 h Apertura da III Feira de Nadal 11:15 h Inauguración da III Feira de Nadal 11.30 h Charla- debate: Fiare, Banca ética (a cargo de Raúl Asegurado, presidente da asociación Fiare Galiza) Salón de Graos (2º planta) 12.30 h Obradoiro: Cestería con papel. FEITO CON XEITO. 1º Andar 17:00 h Obradoiro: Cosméticos naturais. ADEGA. 1º Andar Ademais, en horario continuado: Exposición de xogos tradicionais. A casa dos xogos. 1º Andar Mercadiño de Troco. 1º Andar Stands de asociacións ambientalistas.
Segue lendo...

Xornada: Estratexias para mellora ambiental no Golfo Ártabro

O vindeiro luns 10 de decembro celébrase en Sada unha xornada sobre Estratexias para mellora ambiental no Golfo Ártabro, organizada polo Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro".

Terá lugar entre as 17 h e as 20 h, e contará cun relatorio a cargo da Fundación Fragas do Mandeo, da que Hábitat é patrono.

O obxectivo é articular unha extratexia para o territorio do Grupo de Acción Costeira Golfo Ártabro para os vindeiros anos, no que os recursos naturais deben ser preservados para asegurar a continuidade das actividades marisqueiras e mariñeiras.

Lugar: na Aula da Casa do Mar de Sada, sita en Av do Porto S/N Casa do Mar SADA. Correo electrónico de inscrición a xornada: gac2@accioncosteira.es

Programa completo
Segue lendo...