CURSO: Paxaros do Ortegal


Damián Romay, socio de Hábitat, imparte este interesante curso composto por unha xornada teórica (sábado 10 de novembro) e outra práctica (domingo 11).

A inscrición só custa 5 €. Máis información e inscricións: Fundación Ortegalia.
Segue lendo...

Lotería 2012

A falta de dous meses para o sorteo de lotería de Nadal, xa temos dispoñibles as participacións de lotería de Hábitat. Mercando estas participacións, ademáis de optar a algún dos premios que se sortean, estarás contribuíndo ao sostemento do grupo. Segue lendo...

7-10-12: Día das Aves na Ria de Betanzos

O 7-10-12 desenvolvemos unha serie de actividades conmemorativas do Día das Aves dentro do programa "Encontros Naturalistas". Arredor de 35 asistentes puideron desfrutar do anelamento e a observación de aves no observatorio ornitolóxico de Souto (Paderne, A Coruña), na ría de Betanzos (ver ubicación).

Destacou a observación dun xuvenil de millafre real (Milvus milvus) en aparente migración ao SSW, dúas tartarañas das xunqueiras (Circus aeruginosus), tres biluricos escuros (Tringa erythropus), dous pilros grosos (Calidris canutus) e tamén dúas papuxas cabecinegras (Sylvia melanocephala). Tamén observouse unha aguia pescadora (Pandion haliaetus) no contorno de Betanzos.

A sesión de anelamento correu a cargo de Paco Rosende e Miguel Maestro, do Grupo de Anelamento Hércules, e capturáronse, entre outras especies, gaio (Garrulus glandarius) e reiseñor bravo (Cettia cetti).

Podes ver algunhas fotos da actividade no álbum da nosa páxina de Facebook.

Segue lendo...