Encontros naturalistas 31 agosto: baixo a pel da Terra I I

A sesión Encontros Naturalistas do mes de agosto correrá a cargo de Jorge Ramos Abuín, Licenciado en Bioloxía Animal pola Universidade de Santiago, e relator en diferentes xornadas e congresos de entomoloxía. Antigo membro dos grupos de espeleoloxía "Rey Gerión", "E. C. Obelix" da Coruña e "Club de Montañeros Celtas" de Vigo, foi tamén Vogal de Conservación de Cavidades da Federación Galega de Espeleoloxía.

Ten publicado un libro de texto de bioloxía e numerosos artigos entomolóxicos. Do seu labor investigador recente destacamos o proxecto Transgalaica, a súa intervención no descubrimento da larva de Cychrus spinicollis, a redescrición da larva de Eucarabus deyrollei, e a descrición da pupa desta especie.

Na charla, que terá lugar o venres 31 de agosto ás 20.30 h local do Grupo Naturalista Hábitat (rúa Camariñas 8 baixo, A Coruña), comentará os aspectos máis destacados da ecoloxía e evolución das especies cavernícolas
Segue lendo...

Convocatoria de contratación de persoal

A actividade do GN Hábitat desenvólvese grazas á achega voluntaria de tempo, esforzo e recursos dos seus socios.
Como solución á falta de recursos humanos ante os proxectos que se están a desenvolver, proponse a contratación dun servizo de apoio a través dun profesional que poida cubrir parte das tarefas levadas a cabo pola Xunta Directiva e os socios.
Abriuse un prazo de 30 días naturais para a recepción de candidaturas a partir do 1 de agosto, que rematará o 31 de agosto. Os interesados deberán enviar o currículo, xunto cunha carta de presentación, ao e-mail gnhabitat@yahoo.es.
No proceso de selección valoraranse as titulacións relacionadas coas ciencias e o medio ambiente, así como a realización de traballos e estudos de flora e fauna, ou publicacións no mesmo ámbito, así como a experiencia en traballos similares ou colaboracións con entidades ambientais. Non é requisito imprescindible ser socio do G.N. Hábitat para a presentación da candidatura.
Nos seguintes 15 días naturais, a Xunta Directiva avaliará e resolverá a convocatoria podéndose declarar a mesma deserta no caso de non presentarse ningunha solicitude cos requisitos sinalados, sen prexuízo dunha posterior convocatoria da mesma.

Para máis información e resolución de dúbidas sobre esta convocatoria, contacta connosco. Segue lendo...