Hábitat xa está no Facebook!

O Grupo Naturalista Hábitat xa ten páxina e grupo no Facebook. O obxectivo é mellorar a comunicación cos socios, colaboradores, e con outros grupos naturalistas e ecoloxistas.
Enderezo da páxina: http://www.facebook.com/G.N.Habitat
Enderezo do grupo: http://www.facebook.com/groups/52569990889/

Segue lendo...

Encontros naturalistas 20 xullo: baixo a pel da Terra I


A sesión Encontros Naturalistas do mes de xullo correrá a cargo de Jorge Ramos Abuín, Licenciado en Bioloxía Animal pola Universidade de Santiago, e relator en diferentes xornadas e congresos de entomoloxía. Antigo membro dos grupos de espeleoloxía "Rey Gerión", "E. C. Obelix" da Coruña e "Club de Montañeros Celtas" de Vigo, foi tamén Vogal de Conservación de Cavidades da Federación Galega de Espeleoloxía.

Ten publicado un libro de texto de bioloxía e numerosos artigos entomolóxicos. Do seu labor investigador recente destacamos o proxecto Transgalaica, a súa intervención no descubrimento da larva de Cychrus spinicollis e a redescrición da larva de Eucarabus deyrollei, e a descrición da pupa desta especie.

Na charla, que terá lugar o venres 20 de xullo ás 20.30 h no local do Grupo Naturalista Hábitat (rúa Camariñas 8 baixo, A Coruña), comentará os aspectos máis destacados da ecoloxía dos ecosistemas subterráneos, as súas características e peculiaridades.

Compre destacar que esta charla complementarase cunha segunda sobre ecoloxía e evolución das especies cavernícolas, que terá lugar en agosto.
Segue lendo...

Convócase Asemblea Ordinaria e Extraordinaria o 27 xullo

Pola presente convócase a todos os socios e socias do Grupo Naturalista Hábitat ás vindeiras asembleas do Grupo, que terá lugar no local (r/ Camariñas, nº 8, baixo) o venres 27 de xullo:
  • Asemblea Xeral Extraordinaria, ás 20:00 h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda.
  • Asemblea Xeral Ordinaria, ás 20:30 h en primeira convocatoria e ás 21:00 h en segunda.
Se ben xa se enviou por correo postal a convocatoria coa orde do día e a documentación relacionada, os socios que o desexen poden solicitala en formato dixital (PDF) mandando un mail ao grupo co asunto ASEMBLEA. Segue lendo...

VII Rastrillo Solidario Fundación Fragas do Mandeo

Este domingo 15 de xullo entre as 10:00 e as 14:30 horas terá lugar na praza do Campo de Betanzos o VII Rastrillo Solidario organizado pola Fundación Fragas do Mandeo.

Con esta actividade, a Fundación, composta por Rabo do Galo, Sociedade Galega de Historia Natural e Grupo Naturalista Hábitat, pretende recadar fondos para o desenvolvemento das súas actividades.

No rastrillo póñense á venda unha gran variedade de obxectos (libros, complementos de vestir, artigos de regalo e do fogar, xoguetes, etc.), todos eles doados polos socios e colaboradores

Invitámosvos a achegarvos para traer todos aqueles obxectos que non precisedes (unha boa forma de facer limpeza no faiado!), e a mirar se hai algo que vos interese mercar a bo prezo.
Segue lendo...