Anelamento de gaivotas no Portiño

Un ano máis, a sección de anelamento do G. N. Hábitat (Grupo de Anelamento Hércules), levou a cabo unha xornada de marcaxe de polos de gaivota patiamarela Larus michahellis no ENIL Illas de San Pedro (O Portiño, A Coruña).

Aneláronse 39 polos en 5 das illas, algún menos que en 2011, xa que como ocorre con outras moitas especies, parece que esta temporada de cría non está a ser moi boa.

Esta actividade forma parte dos estudos sobre o Espazo Natural de Interese Local que Hábitat está a desenvolver.

Dos 50 polos anelados en 2011 téñense relocalizado 15 en diferentes puntos da península: Valdoviño, Meicende, Doniños, Lorbé... e 4 deles chegaron ata Matosinhos (Porto, Portugal).
Segue lendo...

VI Rastrillo solidario Fundación Fragas do Mandeo

Este domingo 3 de xuño entre as 10:00 e as 14:30 horas terá lugar na praza do Campo de Betanzos o VI Rastrillo Solidario organizado pola Fundación Fragas do Mandeo.
Con esta actividade, a Fundación, composta por Rabo do Galo, Sociedade Galega de Historia Natural e Grupo Naturalista Hábitat, pretende recadar fondos para o desenvolvemento das súas actividades.
No rastrillo póñense á venda unha gran variedade de obxectos (libros, complementos de vestir, artigos de regalo e do fogar, xoguetes, etc.), todos eles doados polos socios e colaboradores.
Invitámosvos a achegarvos para traer todos aqueles obxectos que non precisedes (unha boa forma de facer limpeza no faiado!), e a mirar se hai algo que vos interese mercar a bo prezo.
Segue lendo...