Necesitamos citas para A Mobella nº 19!

Lembrámosvos que está aberto o prazo de envío de material para o Caderno de Campo da próxima revista A Mobella, que chega ao seu número 19.

Se tedes citas de interese de fauna e flora de Galicia, simplemente seguide os criterios que aparecen no número 18 d'A Mobella, e remitide a vosa selección de rexistros indicando:
  • Especie (nome científico)
  • Data
  • Provincia, concello e lugar
  • Detalles da cita (número de exemplares, hábitat, sexo, idade, comportamento,...)
  • Nomes completos de todos os observadores

Podedes envialo ao correo do grupo gnhabitat@yahoo.es, indicando no asunto: Caderno de campo - A Mobella 19.

Entre todos podemos seguir consolidando A Mobella como unha revista de referencia do naturalismo galego.
Ánimo e grazas por colaborar!

Segue lendo...

Encontros Naturalistas 24-2: ecoloxía de Eurynebria complanata


Este venres 24 de febreiro contaremos no local do grupo coa presencia do biólogo Pablo Carballo, membro do GN Hábitat, quen nos falara da ecoloxía da Eurynebria complanata (Coleoptera: Carabidae).

Pablo leva 3 anos estudando unha poboación da Costa da Morte para actualizar os coñecementos ecolóxicos sobre esta especie tan pouco coñecida no ámbito peninsular, a pesar de tratarse do centro da súa área de dispersión.

Agardámosvos!
Segue lendo...

18-2-12: A realidade do lobo en Galicia

O vindeiro sábado 18 de febreiro no C.E.N "Casa das Insuas" desenvolverase o monográfico "A realidade do lobo en Galicia" coa seguinte programación:

11:00 h. "O lobo en ambientes humanizados"
12:00 h. Mesa redonda-coloquio "A realidade do lobo en Galicia". Intervirán:

  • Luis Llaneza (ARENA S.L)
  • José Vicente López-Bao (ARENA S.L, Grimsö Wildlife Research Station)
  • Emilio García (ARENA S.L)
Segue lendo...

Cinco candidatas á ave máis singular de Galicia en 2011

  • Xa hai finalistas para a quinta edición dos premios RARO e a segunda do VAIA FOTO!
  • A segunda rolda de votacións está aberta a todos os interesados até o vindeiro domingo 19 de febreiro ás 22 h.

Cada ano chegan a Galicia moitas especies de aves escasas ou que non son propias da nosa rexión, e coñécense como rarezas dentro do mundo da ornitoloxía. Pode tratarse tanto de aves de orixe americana, asiática ou africana, como propias doutras partes de España que resultan moi difíciles de ver no Noroeste peninsular. Estas observacións levantan unha expectación extraordinaria entre os ornitólogos, xa que supoñen unha oportunidade única de ver estas especies.

Por este motivo, un grupo de ornitólogos galegos organiza os premios RARO, dirixidos a destacar a observación ornitolóxica máis salientable do ano, e VAIA FOTO!, que premia a mellor fotografía dunha rareza en Galicia. Estes galardóns pretenden animar a todo o mundo a afeccionarse á observación de aves, unha actividade altamente satisfactoria e comprometida coa conservación do medio natural.

Na primira rolda de votacións participaron 109 votantes e contabilizáronse 978 votos, que serviron para elixir aos seguintes finalistas:

Finalistas RARO 2011:

  • Gaviota de Thayer Larus thayeri. San Cibrao (Lugo), 13 a 21 de marzo. Observadores: David Calleja e Raúl Carrillo. É, de ser homologada, a primera cita para España, e en Europa viuse menos de 20 veces.
  • Págalo polar Stercorarius maccormicki. Estaca de Bares (Mañón, A Coruña), 10 de setembro. Observadores: Antonio Sandoval, Ricardo Hevia, Dave McAdams, Toño Salazar, Mario Alonso e José Gómez Aparicio. De ser homologada, a primeira cita para Europa, España e Galicia.
  • Bisbita norteamericano Anthus rubescens. Parque de Bens (A Coruña, A Coruña), 27 de setembro. Observador: Cosme Damián Romay. De ser homologada, é a primeira cita para España e Galicia.
  • Mosquitero sombrío Phylloscopus fuscatus. Praia de Mar de Fóra (Fisterra, A Coruña), 30 de outubro. Observador: Daniel López Velasco. A primeira cita para España, de ser homologada, dun paxaro desta especie non capturado para anelamento.
  • Negrón de Stejneger Melanitta deglandi stejnegeri. Enseada de San Simón (Vigo, Pontevedra), 8 a 23 de decembro. Observador: José Ramón Gómez González. É a primeira cita para España e Galicia, de ser homologada. En Europa viuse menos de 10 veces.

Finalistas VAIA FOTO 2011:

  • Bisbita norteamericano Anthus rubescens. Parque de Bens (A Coruña). FOTO: Juan Sagardía.
  • Correlimos de Bonaparte Calidris fuscicollis. Praia da Ermida, Corme (A Coruña). FOTO: Daniel L. Velasco.
  • Fumarel aliblanco Chlydonias leucopterus. Encoro das Forcadas, Valdoviño (A Coruña). FOTO: Pablo Gutiérrez.
  • Paíño de Wilson Oceanites oceanicus. Costa de A Coruña. FOTO: Juan Sagardía. Mosquitero sombrío
  • Phylloscopus fuscatus. Fisterra (A Coruña). FOTO: Pablo Gutiérrez.

Na segunda rolda de votacións, aberta a todos os interesados até o vindeiro domingo 19 de febreiro ás 22 h, hai que escoller unha especie en cada categoría.

A información das distintas observacións, fotos candidatas e instruccións de votación están publicadas no blog www.travellingbirds.blogspot.com.

A entrega de premios terá lugar o domingo 26 de febreiro en Ortigueira (A Coruña) durante un xantar de confraternización aberto a todos os afeccionados á ornitoloxía e o bo comer, previo aviso á organización.
Segue lendo...