7-10-12: Día das Aves na Ria de Betanzos

O 7-10-12 desenvolvemos unha serie de actividades conmemorativas do Día das Aves dentro do programa "Encontros Naturalistas". Arredor de 35 asistentes puideron desfrutar do anelamento e a observación de aves no observatorio ornitolóxico de Souto (Paderne, A Coruña), na ría de Betanzos (ver ubicación).

Destacou a observación dun xuvenil de millafre real (Milvus milvus) en aparente migración ao SSW, dúas tartarañas das xunqueiras (Circus aeruginosus), tres biluricos escuros (Tringa erythropus), dous pilros grosos (Calidris canutus) e tamén dúas papuxas cabecinegras (Sylvia melanocephala). Tamén observouse unha aguia pescadora (Pandion haliaetus) no contorno de Betanzos.

A sesión de anelamento correu a cargo de Paco Rosende e Miguel Maestro, do Grupo de Anelamento Hércules, e capturáronse, entre outras especies, gaio (Garrulus glandarius) e reiseñor bravo (Cettia cetti).

Podes ver algunhas fotos da actividade no álbum da nosa páxina de Facebook.

No hay comentarios: