VII Rastrillo Solidario Fundación Fragas do Mandeo

Este domingo 15 de xullo entre as 10:00 e as 14:30 horas terá lugar na praza do Campo de Betanzos o VII Rastrillo Solidario organizado pola Fundación Fragas do Mandeo.

Con esta actividade, a Fundación, composta por Rabo do Galo, Sociedade Galega de Historia Natural e Grupo Naturalista Hábitat, pretende recadar fondos para o desenvolvemento das súas actividades.

No rastrillo póñense á venda unha gran variedade de obxectos (libros, complementos de vestir, artigos de regalo e do fogar, xoguetes, etc.), todos eles doados polos socios e colaboradores

Invitámosvos a achegarvos para traer todos aqueles obxectos que non precisedes (unha boa forma de facer limpeza no faiado!), e a mirar se hai algo que vos interese mercar a bo prezo.

No hay comentarios: