Encontros naturalistas 20 xullo: baixo a pel da Terra I


A sesión Encontros Naturalistas do mes de xullo correrá a cargo de Jorge Ramos Abuín, Licenciado en Bioloxía Animal pola Universidade de Santiago, e relator en diferentes xornadas e congresos de entomoloxía. Antigo membro dos grupos de espeleoloxía "Rey Gerión", "E. C. Obelix" da Coruña e "Club de Montañeros Celtas" de Vigo, foi tamén Vogal de Conservación de Cavidades da Federación Galega de Espeleoloxía.

Ten publicado un libro de texto de bioloxía e numerosos artigos entomolóxicos. Do seu labor investigador recente destacamos o proxecto Transgalaica, a súa intervención no descubrimento da larva de Cychrus spinicollis e a redescrición da larva de Eucarabus deyrollei, e a descrición da pupa desta especie.

Na charla, que terá lugar o venres 20 de xullo ás 20.30 h no local do Grupo Naturalista Hábitat (rúa Camariñas 8 baixo, A Coruña), comentará os aspectos máis destacados da ecoloxía dos ecosistemas subterráneos, as súas características e peculiaridades.

Compre destacar que esta charla complementarase cunha segunda sobre ecoloxía e evolución das especies cavernícolas, que terá lugar en agosto.

No hay comentarios: