Convócase Asemblea Ordinaria e Extraordinaria o 27 xullo

Pola presente convócase a todos os socios e socias do Grupo Naturalista Hábitat ás vindeiras asembleas do Grupo, que terá lugar no local (r/ Camariñas, nº 8, baixo) o venres 27 de xullo:

  • Asemblea Xeral Extraordinaria, ás 20:00 h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda.
  • Asemblea Xeral Ordinaria, ás 20:30 h en primeira convocatoria e ás 21:00 h en segunda.
Se ben xa se enviou por correo postal a convocatoria coa orde do día e a documentación relacionada, os socios que o desexen poden solicitala en formato dixital (PDF) mandando un mail ao grupo co asunto ASEMBLEA.

No hay comentarios: