VI Rastrillo solidario Fundación Fragas do Mandeo

Este domingo 3 de xuño entre as 10:00 e as 14:30 horas terá lugar na praza do Campo de Betanzos o VI Rastrillo Solidario organizado pola Fundación Fragas do Mandeo.
Con esta actividade, a Fundación, composta por Rabo do Galo, Sociedade Galega de Historia Natural e Grupo Naturalista Hábitat, pretende recadar fondos para o desenvolvemento das súas actividades.
No rastrillo póñense á venda unha gran variedade de obxectos (libros, complementos de vestir, artigos de regalo e do fogar, xoguetes, etc.), todos eles doados polos socios e colaboradores.
Invitámosvos a achegarvos para traer todos aqueles obxectos que non precisedes (unha boa forma de facer limpeza no faiado!), e a mirar se hai algo que vos interese mercar a bo prezo.

No hay comentarios: