Hábitat colabora co proxecto FAME para a conservación das aves mariñas no Atlántico europeo

FAME (Future of the Atlantic Marine Environment) é un proxecto Interreg que se está a desenvolver na área Atlántica Europea e no que participan o cinco países a través dos seus respectivos socios de BirdLife: Reino Unido (RSPB, líder do proxecto), Irlanda (BirdWatch Ireland), Francia (LPO), España (SEO/BirdLife) e Portugal (SPEA).

O obxectivo principal do proxecto é contribuír á conservación das aves mariñas e do seu hábitat. Para iso, téntanse detectar as ameazas presentes no medio mariño atlántico, tales como a degradación do entorno e a perda da biodiversidade, e achegar resultados tanxibles para mellorar a calidade de datos disponibles e porén, o coñecemento do medio mariño. Actualmente, Reino Unido, Irlanda e Francia dedican un especial esforzo á identificación de zonas importantes para as aves mariñas (IBAs). España e Portugal xa teñen os deberes feitos, e o seu traballo céntrase máis en estudar as ameazas que as aves atopan no medio mariño e en buscar medidas de xestión que minimicen o seu impacto, tratando de conseguir a participación dos sectores implicados.


Unha das actividades que SEO/Birdlife organiza para avaliar o impacto de actividades como a pesca ou os parques eólicos mariños nas aves é a prospección de praias para a recollida e posterior análise de aves abeiradas.


O Grupo Naturalista Hábitat encargarase dende outubro de 2011 a decembro de 2012 do tramo Costa da Morte, que inclúe as praias de Seiruga e Malpica en Malpica, Traba e Laxe en Laxe, e a Barra en Ponteceso.

No hay comentarios: