Biodiversidad virtual

Unha das webs máis útiles e interesantes para os amantes do medio natural é Biodiversidad Virtual, unha plataforma cidadá financiada e xestionada pola asociación sen ánimo de lucro Fotografía y Biodiversidad.

A través dela recompílanse datos da biodiversidade mediante fotografías dixitais xeoreferenciadas co obxecto de favorecer o coñecemento da biodiversidade, divulgar a súa importancia e conservar o noso patrimonio natural.

Ademáis de ofrecer unha base de datos moi interesante, de carácter público, e con fotografías, axudan ao coñecemento da biodiversidade identificando as especies fotografiadas polos membros.

No hay comentarios: