Chega o outono

O outono xa está aquí, e por iso estamos a organizar un magosto para o vindeiro domingo 23 de outubro. Faremos unha pequena excursión de mañá na zona da ría de Betanzos no concello de Miño, seguida dun xantar no que non faltarán as castañas.

Se queres participar nesta xornada de lecer e natureza, envía un email a gnhabitat@yahoo.es ou chama ao 981 135 014 antes deste venres 21 de outubro ás 20 h.

No hay comentarios: