O 3º número da Chioglossa publicarase en outubro

O terceiro número da revista Chioglossa, que publica o Grupo Naturalista Hábitat, está na fase final da súa edición e verá a luz en outubro de 2011.

Este novo volume contará con diversos artigos sobre aves, mamíferos, odonatos e carábidos de Galicia, Asturias, Euskadi e Navarra.

No portelo web da publicación, www.chioglossa.com, xa están dispoñibles aqueles artigos que remataron o proceso de revisión.

A revista Chioglossa é un medio de expresión científica aberto a naturalistas e investigadores, tanto profesionais como afeccionados serios, interesados na flora e fauna da Península Ibérica en xeral, e, particularmente, na que vive no noroeste ibérico. Nela publícanse traballos orixinais que fagan referencia a aspectos dos ámbitos da ecoloxía, bioxeografía e conservación.

1 comentario:

Sergio París dijo...

Parabéns pola inminente publicación, semellan artigos moi interesantes.

Felicítovos (ao igual que aos autores) polos traballos, xa debecemos polo número 4 :)

Saúdos,
Sergio