Noite Europea dos Morcegos 2011 - 27 de agosto en Rábade (Lugo)

Un ano máis, a asociación conservacionista Drosera participa na NOITE EUROPEA DOS MORCEGOS 2011 organizando unha serie de actividades para favorecer o coñecemento e conservación dos morcegos.

As actividades previstas, que terán lugar na Casa das Ínsuas de Rábade o vindeiro sábado 27 de agosto, son as seguintes:

17:00 Apertura da exposición e comezo dos obradoiros (construcción de distintos tipos de refuxios para morcegos, origamis e máis!).
18:30 Proxección dun audiovisual sobre morcegos.
19:30 Charla sobre os morcegos en Galicia (novos avances no coñecemento e conservación, uso de refuxios e máis!).
21:15 Roteiro pola beira do Miño para observar e escoitar aos morcegos coa axuda de detectores de ultrasóns.
22:30 Peche da actividade

Esta xornada está organizada en colaboración coa Asociación Española para la Conservación y el Estudio de los Murciélagos - SECEMU.



Se queres profundizar no coñecemento dos morcegos, visita a web Morcegos de Galicia, un proxecto do Grupo Galego de Ecoloxía e Conservación de Quirópteros (GCECQ)  de Drosera para mellorar o coñecemento deste grupo de mamíferos, favorecer a súa conservación e dalos a coñecer á sociedade. 

No hay comentarios: