Training days en Ourense.

Ola,

Fai anos inventáronse os “Training days” en Inglaterra, eran unhas xornadas de campo para herpetólogos. Pero fóronse adaptando á aprendizaxe. Agora, da man de varias asociacións naturalistas galegas (Saramaganta, GN Hábitat, Numenius e Drosera) chegan aquí eses “Días de aprendizaxe”. Este pasado fin de semana, 24 e 25 de abril, tivo lugar a primeira saída, no sur de Ourense, principalmente no val do río Támega, adicada a anfibios e réptiles, dos que vimos 26 especies!!! , hai 32, non está nada mal. Realmente foi espectacular. Fomos 20 naturalistas, polo que non paramos de ver ademais, aves, insectos, arácnidos, plantas, e calqueira vestixio de vida.

O éxito destes día debémosllo principalmente aos tres expertos que buscaron incansablemente os hérpetos: Martiño, Anxos, Ricardo e Rafa.
O compañeiro Damián ensinounos como ver tarántulas, ademais de identificar bolboretas e outros insectos.
E de moito interese foi tamén a mariscada a base de navallas que nos preparou o ornitólogo Emilio Sabarís.



As especies de hérpetos vistas foron: píntega común, pintafontes común, pintafontes verde, sapiño comadrón, sapo de esporóns, sapo corriqueiro, sapo común, estroza, ra verde, ra patilonga, escáncer cego, lagartixa de Bocage, lagartixa dos penedos, lagartixa cinsenta, lagartixa rabuda, esgonzo común, esgonzo ibérico, lución, lagarto das silvas, lagarto arnal, cobra de colar, cobra lagarteira común, cobregón, serpe riscada, víbora de Seoane e víbora fuciñuda (unha das estrelas da finde). Fallaron as dúas especies de salamanquesas porque pola noite estaba fresco (11ºC).


Os próximos "Training days" serán noutros lugares de Galicia e terán como protagonistas as bolboretas, as orquídeas, as libélulas e os morcegos.
(Fotos de César A. Laó e Belén L. Arenal)

Belén


Zerinthia rumina


Víbora fuciñuda xuvenil


Víbora fuciñuda xuvenil


Víbora fuciñuda adulta


Veleno víbora sinalado


Pintafontes verde


Tarántula


Sapiño comadrón


Sapo corriqueiro


Píntega


Sapo de esporóns


Navallas de Emilio


Empusa


Empusa


Lagarto das silvas xuvenil


Lagarto das silvas


Lagarto das silvas


Lagarto arnal xuvenil


Lagarto arnal atropelado


Lagartixa cinsenta



Lagartixa de Bocage


Estroza


Nos

Os expertos


Esgonzo común


Serpe riscada


Escáncer cego


Carabus galicianus

Lagarto arnal adulto



Lagartixa rabuda


Esgonzo ibérico


Buthus


Emilio coas navallas


Cosme persuadindo a unha tarántula



Cobra lagarteira común





Segue lendo...

A Costa da Morte, o mundo do lobo


Dentro da actividade ENCONTROS NATURALISTAS contamos nesta ocasión coa participación de Francisco Javier Lema Fuentes, veterinario, naturalista e amante da fauna, e por riba de todo do lobo. Impartiu charlas en colexios, xornadas en Portugal, concretamente en Castro Laboreiro, na entrada do parque do Peneda-Xures. Colaborou coa TVG e coa TVE (Escarabajo verde) con imáxes de lobo e lontra. Realizador do DVD " A Costa da Morte: marabilla natural" en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente.


A charla terá lugar no local do Grupo Naturalista Hábitat, Rúa Camariñas, 8-baixo (xunto á praza de Monte Alto) A Coruña, o venres 23 de marzal ás 20:30h.A entrada será libre e gratuíta.Prégase confirmar asistencia vía email no gnhabitat@yahoo.es ou no 981135014



Segue lendo...

Vídeos sobre branquiópodos (Branchiopoda), por Jorge Ramos Abuín

Sobre diferentes especies de branquiópodos, crustáceos entomostráceos propios de aguas temporais:












Segue lendo...

Videos de cárabos (Caraboidea), por Jorge Ramos Abuín

Eucarabus deyrollei

Ctenocarabus galicianus, no Eume e en Ancares

Rhabdotocarabus melancholicus

Daniela tibialis, no Eume

Chlaenius spoliatus e Chlaeniellus vestitus
Segue lendo...