Encontros Naturalistas: Aproximación a bioloxía dos Odonatos en Galicia



Dentro da actividade ENCONTROS NATURALISTAS contamos nesta ocasión coa participación de Adolfo Cordero Rivera, Licenciado en Bioloxía (1987) e doutor (1991) pola Universidade de Santiago, cunha tese sobre ecoloxía, xenética e comportamento de odonatos (Ischnura graellsii). Actualmente catedrático de Ecoloxía na Universidade de Vigo, mantendo varias liñas de investigación sobre organismos ligados ás augas epicontinentais, odonatos, anfibios e réptiles, en aspectos de ecoloxía evolutiva e da conservación. Tamén ten traballado sobre ecoloxía de pragas, en particular sobre o gurgullo do eucalipto e algunha praga do millo. É autor de máis de un centenar de publicacións, ten editado 4 libros, e dirixido 6 teses doutorais.

A charla terá lugar no local do Grupo Naturalista Hábitat, Rúa Camariñas, 8-baixo (xunto á praza de Monte Alto) A Coruña, o venres 25 de xuño ás 21:00h.

A entrada será libre e gratuíta. Confirmade a vosa asistencia en gnhabitat@yahoo.es, ou chamando ao teléfono 981135014

No hay comentarios: