Charla sobre a distribución dos Ropaloceros en Galicia





Dentro da actividade ENCONTROS NATURALISTAS que ten lugar a última semana de cada mes, contamos nesta ocasión coa participación de Rafael Estévez para falarnos sobre a distribución e conservación dos ropalóceros (bolboretas diurnas).


A charla terá lugar no local do Grupo Naturalista Hábitat, Rúa Camariñas, 8-baixo (xunto á praza de Monte Alto) A Coruña, o venres 29 de xaneiro ás 20:30h.
A entrada será libre e gratuíta.



No hay comentarios: